lunes, 2 de mayo de 2011

Wall Street


Logo de ollar a película Wall Street… contesta:
  • Por qué se titula así esta película?
  • Que nome recibe o traballo que realiza o protagonista, Bud Fox? (contesta co seu nome en inglés e en galego).
  • Nun momento da película,  o pai de Bud Fox di: “Os cartos conseguen que fagas cousas que non queres facer “; e noutro momento o propio Bud di: “Véxome no espello e non me gusta o que vexo”. Comenta estas frases no contexto da película.
  • Gordon Gekko e Bud manteñen un diálogo sobre a ambición e a cobiza (codicia)... Que son? Ves algunha diferenza?
  • Elabora unha opinión sobre as decisións que toma o protagonista, Bud Fox, argumentando se ti farías o mesmo ou te guiarías por outra escala de valores.
 Valoración: contestar tódalas cuestións, Salvando as tres primeiras preguntas, as outras dúas son de opinión, non vou a avaliar esta, senón a túa expresión e coherencia, ademais da ortografía, claro ;-)
Data de publicación tope: venres 6 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario