sábado, 18 de diciembre de 2010

Felices Festas

Déixovos aquí unha iniciativa emprendedora... facendo un bo uso dos recursos que nos ofrece a rede... :-)

martes, 30 de noviembre de 2010

Persigue o teu obxectivo

O que tes aquí é a sinopse dunha famosa película do ano 2006 "En busca da felicidade" protagonizada polo actor Will Smith e o seu propio fillo. Esta película está baseada na historia real de Christopher Paul Gardner. Vai á páxina de wiki onde nos conta a súa historia e logo fai unha entrada resumíndoa e relacionándoa coas características dun emprendedor vistas en clase.

Nin que dicir ten que valoro, xunto a extensión, a expresión e a ortografía, a capacidade de facer relacións entre as características e a historia. Esta actividade pondera o dobre.

Ilustra esta entrada cunha foto de Paul Gardner.


domingo, 21 de noviembre de 2010

A última lección

viernes, 19 de noviembre de 2010

A última lección

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Incrustar (embed) unha presentación no noso Blog

Tes que incrustar (en inglés "embed") unha presentación multimedia (tipo powerpoint) sobre os tipos de empresa que existen. Para isto entra en slideshare.net, busca unha presentación sobre este tema e incrústao no teu blog seguindo as explicacións da seguinte presentación.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES

Este ano, coma noutros, o xornal "EL PAÍS" organiza un concurso de xornais escolares.

Como esta materia versa sobre iniciativas emprendedoras, podería ser boa idea "emprender" conxuntamente a elaboración dun xornal e participar neste concurso (podes ver a páxina oficial de "El Pais" os premios que dan). Pero o meu obxectivo non é tanto os premios como o feito de ser quen entre todos de organizarnos e levar adiante unha tarefa: EMPRENDER.

Como sería  cousa de todos propoño unha enquisa para que digades se nos inscribimos ou non. VOTADE

lunes, 1 de noviembre de 2010

O COOPERATIVISMO

O obxectivo da visita ao CEI-NODUS de Lugo era dobre: por un lado coñecer este servizo que ofrece o Concello de Lugo para a creación de empresas e busca de emprego, pero por outra dar a coñecer a forma da Cooperativa como forma de creación de empresas.

No USB que vos regalaron, ían uns apuntamentos sobre o cooperativismo. De aí extraín o documento que vos entreguei. O traballo a facer é o seguinte:


Tedes que elaborar cinco preguntas tipo test sobre o cooperativismo (en base ao documento entregado). Cada pregunta debe contar con catro respostas. Tedes que sinalar cal é a correcta. Unha vez feito, enviádeme por correo e-mail a urraca60@gmail.com


Os criterios para cualificar o exercicio son:
  • Presentación das cinco preguntas en tempo e en forma
  • Corrección das preguntas e da resposta.
  • Corrección ortográfica e de expresión
  • Grao de elaboración das preguntas e das respostas (se preguntades que é unha cooperativa e as respostas son: un animal, unha comida, unha pedra, un xeito de crear empresas... sen saber nada pódese responder).

jueves, 21 de octubre de 2010

VISITA AO CEI-NODUS


 
Se organizamos unha visita ao CEI-Nodus é porque esperamos que o alumnado aprenda algo...
E esa é a pregunta.

Elabora unha entrada no teu blog, acompañada dunha foto (túa ou da presentación que comparto nesta mesmo blog) dicindo:
  • 1º Que aprendiches (na parte da conferencia)
  • 2º Que relación lle viches á actividade co fieltro co cooperativismo
  • 3º Que opinión che mereceu a actividade.
Lembra: valora a túa corrección ortográfica e expresiva, a extensión e o contido.

domingo, 17 de octubre de 2010

E tí... que opinas?

Imaxínate que es pai ou nai (se o ves difícil pecha ben os ollos e espreme os teus miolos)... e tes un fillo ou unha filla que acaba os seus estudos... Que lle recomendarías facer da súa vida? Obviamente é unha decisión del pero como pai/nai queres darlle un consello do que pensas é mellor.
Elabora unha entrada no teu blog onde digas qué prefirirías: traballar por conta allea, ser funcionario ou traballar por conta propia?, dando dous argumentos a favor da túa opción elixida e outros dous argumentos en contra das opcións que rexeitaches (u argumento por opción).
Non valoro a opción que escollas, senón a calidade da expresión, a ortografía, a validez dos teus argumentos e a extensión.
Acompaña o teu texto cun debuxo dos Simpson

domingo, 3 de octubre de 2010

Cómo pensas ti conseguir “o teu queixo”?

Se entendiches o conto de "Quen me roubou o queixo?", un posible significado para “o queixo” era o traballo, o xeito de cómo “gañarte a vida” para poder ter cartos e ser independente, aspiración máxima dunha persoa.

Pois ben, cando un remata os seus estudos (antes ou despois) ten que pensar que vai facer, en que vai traballar, de que vai vivir. Simplificando, tres son as posibles opcións que se nos presentan:

1º Traballar por conta allea

2º Ser funcionario

3º Montar o teu propio negocio (sexa de xeito autónomo ou montando a túa propia empresa).

Pois ben, tes que elaborar un cadro comparativo entre as tres posibilidades, definindo cada una das opcións, e aportando as vantaxes e inconvintes que lle ves a cada unha.