martes, 30 de noviembre de 2010

Persigue o teu obxectivo

O que tes aquí é a sinopse dunha famosa película do ano 2006 "En busca da felicidade" protagonizada polo actor Will Smith e o seu propio fillo. Esta película está baseada na historia real de Christopher Paul Gardner. Vai á páxina de wiki onde nos conta a súa historia e logo fai unha entrada resumíndoa e relacionándoa coas características dun emprendedor vistas en clase.

Nin que dicir ten que valoro, xunto a extensión, a expresión e a ortografía, a capacidade de facer relacións entre as características e a historia. Esta actividade pondera o dobre.

Ilustra esta entrada cunha foto de Paul Gardner.


domingo, 21 de noviembre de 2010

A última lección

viernes, 19 de noviembre de 2010

A última lección

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Incrustar (embed) unha presentación no noso Blog

Tes que incrustar (en inglés "embed") unha presentación multimedia (tipo powerpoint) sobre os tipos de empresa que existen. Para isto entra en slideshare.net, busca unha presentación sobre este tema e incrústao no teu blog seguindo as explicacións da seguinte presentación.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES

Este ano, coma noutros, o xornal "EL PAÍS" organiza un concurso de xornais escolares.

Como esta materia versa sobre iniciativas emprendedoras, podería ser boa idea "emprender" conxuntamente a elaboración dun xornal e participar neste concurso (podes ver a páxina oficial de "El Pais" os premios que dan). Pero o meu obxectivo non é tanto os premios como o feito de ser quen entre todos de organizarnos e levar adiante unha tarefa: EMPRENDER.

Como sería  cousa de todos propoño unha enquisa para que digades se nos inscribimos ou non. VOTADE

lunes, 1 de noviembre de 2010

O COOPERATIVISMO

O obxectivo da visita ao CEI-NODUS de Lugo era dobre: por un lado coñecer este servizo que ofrece o Concello de Lugo para a creación de empresas e busca de emprego, pero por outra dar a coñecer a forma da Cooperativa como forma de creación de empresas.

No USB que vos regalaron, ían uns apuntamentos sobre o cooperativismo. De aí extraín o documento que vos entreguei. O traballo a facer é o seguinte:


Tedes que elaborar cinco preguntas tipo test sobre o cooperativismo (en base ao documento entregado). Cada pregunta debe contar con catro respostas. Tedes que sinalar cal é a correcta. Unha vez feito, enviádeme por correo e-mail a urraca60@gmail.com


Os criterios para cualificar o exercicio son:
  • Presentación das cinco preguntas en tempo e en forma
  • Corrección das preguntas e da resposta.
  • Corrección ortográfica e de expresión
  • Grao de elaboración das preguntas e das respostas (se preguntades que é unha cooperativa e as respostas son: un animal, unha comida, unha pedra, un xeito de crear empresas... sen saber nada pódese responder).