jueves, 20 de enero de 2011

As vacas

Contaches un conto... o da vaca... E como tódolos contos, este ten unha moralexa... a vaca significa algo... algúns xa vos adiantáchedes no voso conto explicando algo do seu significado...
O que vos propoño é que analicedes cales son as "vacas" máis comúns, digades en que consisten e poñades un exemplo (podedes empregar a documentación que vos entreguei, claro)

Valorarei: que poñades tódolos "tipos de vacas" e en que consisten; que poñades un exemplo propio (ou sexa, que non estea na documentación entregada), a expresión, a ortografía e a extensión. E por último que poñades unha imaxe que poda simbolizar algo do que estades a dicir.

E non usedes a típica vaca de que isto é difícil ;-)