Para o Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras (a partir de agora OIE), imos necesitar ter o noso propio BLOG. E isto é o primeiro que imos facer.
Primeiro necesitamos unha conta en gmail (mira a outra entrada neste blog que explica como facelo). Apunta nun papel esa dirección e o contrasinal que elixiches.
Logo entra na páxina
http://www.blogger.com/. Dalle ao enlace CREAR BLOG AHORA e segue as indicacións. Terás que elixir a “plantilla“ (ou deseño) do teu blog, poñerlle un nome, etc.
Neste blog irás publicando noticias relacionadas coa materia, e o profesor e outros compañeiros poderán visitalo. Polos contidos do blog obterás unha nota que vai supoñer boa parte da nota da avaliación.